CICLISMO. FESTA DA BICICLETA 2025

Data
to
Location
Rúas do Núcleo Urbán da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza. Verán de Lecer 2025
Actividades

O Concello da Cañiza convídavos a participar na  Festa da Bicicleta, unha xornada pensada para gozar en familia, facer deporte e promover a mobilidade sostible polas rúas da nosa vila.

Quen pode participar?

Todas as persoas que o desexen, de todas as idades. É unha actividade aberta e pensada para compartir entre pequenos e maiores. O único requisito imprescindible para poder participar é levar casco, por seguridade.

Sorteo final dunha bicicleta

Cada participante recibirá un dorsal numerado, co que poderá participar no sorteo final dunha bicicleta que se realizará ao rematar a actividade. Un aliciente máis para acompañarnos nesta tarde festiva sobre rodas!

Recomendacións
  • Presentarse cun pouco de antelación na zona de saída.

  • Levar bicicleta en bo estado e casco axeitado.

  • Seguir en todo momento as indicacións da organización e dos voluntarios.

Esta Festa está enmarcada dentro da programación do Verán de Lecer 2025, unha proposta chea de actividades culturais, deportivas e de lecer para todos os públicos, coa que queremos dinamizar os meses estivais e promover a participación veciñal.

 

Horario

martes 5 de agosto de 2025, con saída ás 19:30 h desde o Concello da Cañiza.