A Cañiza dará inicio ao Nadal este domingo, 30 de novembro, co acendido das luces e da árbore da Praza Maior.

Data
to
Location
Praza Maior da Vila
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades

O acendido está previsto para as 7 da tarde e, se o tempo o permite, arredor desa hora ofrecerase tamén unha chocolatada cañicense para celebrar o comezo das festas.

A iluminación das rúas, prazas e espazos públicos volverá estar a cargo de Iluminaciones Ximénez, empresa referente a nivel estatal en decoracións de Nadal.

Tras o acendido, a Praza Maior converterase no punto de encontro para compartir a tradicional chocolatada e dar así a benvida oficial á época navideña.

As luces permanecerán acendidas ata despois de Reis.

O Concello convida á veciñanza a sumarse á conta atrás e á chocolatada coa que daremos a benvida ao Nadal.

Horario

O domingo 30 de novembro, a partires das 19h.