A Cañiza celebra a 1ª edición da proba estatal de SkateCross os días 28 e 29 de marzo

Data
to
Location
Pistas de skatepart y pumptrack del Ayuntamiento de A Cañiza. Coordenadas 42.2088611,-8.2706889
Organiser
FGP e Club de Patinaxe Meiga Rodas de Ourense coa colaboración do Concello
Actividades

Skate Park da Cañiza acolleu onte a presentación da 1ª edición do Campionato de España de Team Cross, xunto coa Copa de España e a Liga Nacional de SkateCross, que se disputarán os vindeiros 28 e 29 de marzo na instalación deportiva urbana da Cañiza.

Un evento promovido pola Federación Española de Patinaxe e a Federación Galega organizada polo club ourensán de patinaxe “Meiga Rodas” coa colaboración do Concello da Cañiza.

No acto de presentación participaron o Alcalde da Cañiza, Luis Piña; a presidenta da Federación Galega de Patinaxe e membro da xunta directiva da Federación Española, Mª Jesús Vázquez; e a presidenta do club organizador Meiga Rodas, Malena Gómez.

A cita sitúa a Cañiza como unha das sedes oficiais do calendario estatal 2026 de Inline Freestyle, acollendo o Campionato de España de Team Cross e a segunda proba puntuable da Copa de España e da Liga Nacional de SkateCross, que se desenvolven de forma conxunta ao longo da tempada.

SkateCross é unha modalidade en auxe que combina carreiras entre varios participantes nun circuíto con obstáculos, curvas e zonas de velocidade. As probas inclúen fases contrarreloxo e eliminatorias ata chegar ás finais, ofrecendo un formato dinámico e moi vistoso para o público.

O programa inclúe:
• Skate Cross (carreiras eliminatorias)
• Team Cross (relevos por equipos)

Participarán deportistas de diferentes categorías, desde base ata elite —Sub-13, Sub-16, Sub-19 e sénior, tanto en categoría masculina como feminina.

A competición estrutúrase dentro do sistema oficial estatal, no que cada proba outorga puntuación para a clasificación individual da Copa de España e para a clasificación por equipos da Liga Nacional.

 

SKATE PARK da Cañiza: unha instalación de referencia en Galicia

Skate Park da Cañiza, situado na rúa Silleda, conta con máis de 3.300 m² e combina zonas de street, bowl e pump track, permitindo a práctica de disciplinas como skate, BMX, scooter e patinaxe en liña.

Esta infraestrutura moderna e versátil permite acoller competicións de alto nivel e consolida á Cañiza como referente nos deportes urbanos.

Segundo manifestou o Alcalde Luis Piña na presentación, a celebración desta proba supón un importante impulso para o municipio, tanto a nivel deportivo como económico e turístico, ao atraer participantes e visitantes sobre todo da provincia de Ourense.

O Alcalde tamén destacou a relevancia de acoller unha competición deste nivel, que reforza o posicionamento da Cañiza dentro do calendario estatal.

O evento contará con acceso gratuíto, polo que se anima aos veciños e visitantes a achegarse durante a fin de semana para gozar do espectáculo e descubrir o entorno da Cañiza.

 

Horario

Os días 28 e 29 de marzo durante todo o día. Nos vindeiros días informaremos dos horarios.