A Caniza abre este domingo o ciclo «Teatro de Outono» con o espectáculo infantil «Novos lobos»

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Caniza
Organiser
Concello da Caniza
Teatro

O Concello dará comezo este domingo, 4 de outubro, ás 17.00 horas, á programación do ciclo «Teatro de Outono 2026», cunha proposta especialmente dirixida ao público familiar: 

«Novos lobos», da compañía galega Fantoches Baj. 

A función terá lugar no Auditorio Municipal da Casa de Cultura da Caniza, con entrada gratuíta. 

SINOPSE

A obra presenta unha particular visión dos lobos a través das historias que Xan de Outeiro, un pastor que se refuxia da chuvia e do vento, lle conta a un grupo de persoas que percorren a montaña. Son relatos nos que os lobos xa non son necesariamente figuras que provocan medo: un deles cambia a súa ansia por comer carne pola paixón polos libros, mentres outro decide non comer a avoíña do pastor despois de escoitar as historias que esta lle conta sobre a súa estancia na Habana. 

A proposta de Fantoches Baj emprega así a tradición oral como ferramenta para transmitir valores como a paz e a igualdade, combinando narración e teatro nun espectáculo pensado para gozar en familia. A función forma parte do programa «Ler Conta Moito». 

O ciclo está organizado polo Concello da Caniza, coa colaboración da Deputación de Pontevedra e da Xunta de Galicia, a través dos programas Ler Conta Moito, +Escénicas e a Rede de Dinamización Lingüística.

 
Horario

Domingo 4 de outubro de 2026, ás 17h no Auditorio da Casa de Cultura da Caniza