A partir de hoxe e ata o 17 de xuño, queda aberto o prazo de inscrición para participar no Campamento Urbano Verán 2026, unha proposta consolidada que combina diversión, aprendizaxe e convivencia nun entorno seguro e adaptado ás necesidades da infancia, destinada a favorecer a conciliación da vida familiar e laboral durante o período estival.
O campamento desenvolverase durante todo o mes de xullo e distribuirase en dúas quincenas:
- 1ª quincena: do 1 ao 15 de xullo.
- 2ª quincena: do 16 ao 31 de xullo.
Participantes
Poderán solicitar a súa participación as nenas e nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, distribuídos nos seguintes grupos:
- Grupo I: de 3 a 5 anos. É condición indispensable que os nenos e nenas de 3 anos teñan cursado o primeiro ano de Educación Infantil, é dicir, 4º de Educación Infantil.
- Grupo II: de 6 a 9 anos.
- Grupo III: de 10 a 12 anos.
Durante o campamento, os participantes gozarán de actividades de carácter sociocultural, recreativo, deportivo e convivencial, adaptadas ás diferentes idades.
O transporte ata as instalacións correrá por conta das nais, pais ou titores legais.
Horario do campamento: desenvolverase de luns a venres, en horario de 08:00 a 15:00 horas.
Prazo de inscrición: o prazo para presentar as solicitudes estará aberto do 4 ao 17 de xuño de 2026.
Prezos por quincena
- Solicitude individual: 55 €
- Solicitude dobre (2 nen@s): 97,58 €
- Solicitude tripla (3 nen@s): 110 €
Como formalizar a solicitude: As solicitudes e a documentación requirida deberán axustarse ao modelo normalizado que se poderá recoller na Biblioteca Pública Municipal da Caniza, situada na Rúa Progreso, nº 21, e presentarse debidamente cubertas na mesma dependencia.
Documentación posterior á adxudicación da praza: Unha vez confirmada a praza, as persoas seleccionadas deberán presentar entre o 18 e o 25 de xuño de 2026 a seguinte documentación:
- Xustificación do pagamento.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria.
Equipamento recomendado: Co fin de garantir o correcto desenvolvemento das actividades e o benestar dos participantes, recoméndase que cada nena e neno acuda ao campamento co seguinte equipamento:
- Gorra e roupa cómoda ou deportiva, de fácil lavado.
- Equipamento para a piscina: gorro, chanclas, bañador e toalla.
- Botelliña de auga identificada co nome da/o participante.
- Pequeno almorzo para media mañá.
- Aplicar a crema solar na casa antes da entrada ao campamento.