CABALGATA DE REIS 2024. Xoves, 4 de xaneiro de 2024

Data
to
Location
Municipio de A Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades
  • As súas Maxestades de Oriente visitarán todas as parroquias do Municipio e desfilarán polas rúas da Cañiza a partires das 18.30h en carrozas, a ritmo de batucada e acompañados de máis de 50 figurantes entre zancudos, bailaríns e xigantes luminosos.
  • Todo un espectáculo de cor e son amenizado polo Grupo de Especialistas Hípica Celta.
  • Está previsto que a xornada comece sobre ás 14.00h coa recepción ás Maxestades de Oriente no Salón de Plenos do Concello.

Os Reis Magos e a súa comitiva percorrerán, repartindo caramelos e a ritmo de batucada as rúas da nosa vila para que todas as nenas e nenos os poidan saudar.

Tres carrozas reais con paxes e acompañantes entre zancudos, mariposas, osos, maniquís e cabalos xigantes luminosos, ademáis de bailaríns e patinadoras compoñen este ano o desfile que comezará sobre as 18.30h na zona do Rañadoiro para percorrer as principais rúas do casco urbano e rematar no Auditorio da Casa de Cultura, onde serán recibidos con fogos de artificio.

Neste Auditorio, os Reis de Oriente farán a súa RECEPCIÓN REAL, saudando a tod@s @s nen@s e recibindo as súas cartas e desexos.

Antes do percorrido pola Cañiza, as súas Maxestades visitarán por cuarto ano consecutivo todas as parroquias do noso Concello seguindo este horario:

  • Parroquia da Franqueira ( lugar de encontro: no Cebreiro) : ás 14.30h
  • Parroquia de Luneda (en San Roque): ás 15h
  • Parroquia de Parada ( diante da Igrexa) ás 15.20h
  • Parroquia de Valeixe ( na explanada da “Hermandad”) ás 15.40h
  • Parroquia do Couto (diante da Igrexa) ás 16.05h
  • Parroquia de Oroso ( diante da Igrexa), ás 16.25h
  • Parroquia de Petán (diante da Igrexa): ás 16.45h
  • E Parroquia de Achas ( diante da Igrexa), ás 17.05h

 

A continuación as Maxestades de Oriente saudarán aos nosos maiores na Residencia Nosa Señora do Rosario de Valeixe, no Centro Xeriátrico Santa Teresa da Cañiza e no Centro de Día Anxo.  Como ven sendo tradición, o Concello convidará a todos os residentes a merendar con pasteis de Nadal.

Para rematar Os Reis Magos desexarán á Cañiza, especialmente aos mais cativos, moita saúde e felicidade para este ano 2024.

Plano do percorrido Real

Plano do percorrido Real

Felices Reis 2024

Horario

A partires das 18.30h.