Benestar. Comezan as clases de Ioga con Lorena. Curso 2026/2027

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura
Organiser
Concello da Caniza
Formación

O Concello ofrece unha nova edición das clases de ioga, pensadas para todas aquelas persoas que queiran mellorar a súa saúde física e emocional a través desta disciplina milenaria.

As sesións de ioga axudan a mellorar a flexibilidade, fortalecer a musculatura, corrixir posturas, reducir o estrés e atopar un maior equilibrio corpo-mente.

Un espazo para desconectar, coidar o corpo e traballar o equilibrio físico e mental a través do ioga.

  • Conexión
  • Respiración
  • Equilibrio
  • Benestar corporal e mental

Non é necesario ter experiencia previa, xa que as clases están adaptadas a diferentes niveis.

Lugar: Auditorio Casa de Cultura
Días: Luns e venres
Horarios: Consultar dispoñibilidade
Profesora: Lorena

Para máis información e inscrición, contactar con Lorena a través do número 📞 636 781 441

Convida ao teu corpo e á túa mente a gozar dun espazo de calma e benestar.

 


Horario

A partires do 1 de outubro, de luns a venres, en horario de 18:30h a 20:30h