Arrancan na Cañiza os partidos do «Melgaço Easter Cup Handball 2026» no pavillón de Valeixe, unha das catro sedes do torneo

Data
to
Location
Pavillón de Valeixe (As Touzosas)
Organiser
Associação Andebol Viana do Castelo, da Federação Portuguesa de Andebol, Cámara Municipal de Melgaço e co apoio institucional da Federación Galega de Balonmán
Actividades

O Alcalde Luis Piña anunciou esta mañá o inicio do torneo internacional Melgaço Easter Cup Handball 2026, que se celebrará do 1 ao 4 de abril, e co que colabora o Concello da Cañiza, cedendo nestes 4 días as instalacións do Pavillón municipal de Touzosas (Valeixe).

Trátase dun torneo de balonmán base a nivel internacional, dirixido a categorías de formación (U12, U14, U16 e U18; alevín, infantil, cadete e xuvenil), con participación de 72 equipos masculinos e femininos procedentes de España, Portugal, Francia e Polonia. O evento está especialmente enfocado na formación deportiva e na convivencia internacional entre a mocidade.

O torneo, que conta coa homologación da Associação Andebol Viana do Castelo, da Federação Portuguesa de Andebol e co apoio institucional da Federación Galega de Balonmán, desenvolverase con partidos repartidos en catro instalacións deportivas:

  • Pavillón Municipal de Melgaço
  • Pavillón EB2/3 de Melgaço
  • Pavillón Municipal de Deportes de Touzosas (Valeixe – A Cañiza)
  • Pavillón Municipal de Arbo

A organización está orientada a clubs de formación e canteira, favorecendo tanto o desenvolvemento deportivo como a experiencia social dos xoves participantes.

Baixo o lema “Show the wolf in you” (“mostra o lobo que levas dentro”), o torneo promove o espírito competitivo, a superación persoal e a enerxía propia do deporte base xuvenil.

A Cañiza terá un papel destacado como unha das 4 sedes de xogo, acollendo encontros no pavillón de Touzosas, na parroquia de Valeixe.

Aquí deixamos o calendario de partidos:

 

Arrancan na Cañiza os partidos do Melgaço Easter Cup Handball 2026 no pavillón de Valeixe, unha das catro sedes do torneo