2ª Excursión polas cidades portuguesas de Amarante e Guimaraes. 16 de novembro de 2024

Data
Location
Cidades portuguesas de Amarante e Guimaraes
Organiser
Concello da Cañiza
Actividades

Organizada polo Concello

Debido ao volume de inscricións realizadas para poder asistir a excursión organizada o pasado 19 de outubro, quedando en lista de espera 34 persoas:

O Concello organiza unha 2ª Excursión a AMARANTE e GUIMARAES (Portugal) o día 16 de novembro de 2024, sábado.

Abrimos o prazo de inscrición o martes 5 de novembro, ás 10h, nas oficinas da Biblioteca Municipal (Rúa Progreso, 21).

  • A inscrición será presencial. O máximo permitido de anotación por persoa será de 4 viaxeiros.
  • O prazo de anotación estará aberto ata o día 12 de novembro incluído.
  • Antes do día 12,  as persoas inscritas deberán abonar o importe da viaxe na conta do Concello na entidade bancaria ABANCA.
  • Prezo por persoa: 49 €uros: están incluídos viaxe en autocar gran turismo con guía acompañante, seguro de viaxe e a comida.

AVISO: quedan 19 prazas libres

  • Esta excursión solo poderá organizarse cun mínimo de 45 persoas.
  • A capacidade do autobús permite a inscrición de 53 persoas.
  • Na actualidade xa están inscritos 34 veciños procedentes da lista de espera da excursión celebrada o 19 de outubro.
  • Polo que quedan libres 19 prazas.

 

Cañicenses en Ruta

Planificación da Viaxe.

  • O día 16 de novembro de 2024 (sábado), con saída dende A Cañiza e visita aos lugares máis emblemáticos de AMARANTE . Localidade entrañable que se caracteriza polas súas casas con balcóns, os seus serpenteantes camiños e os viñedos que o rodean. Destacan a Ponte de São Gonçalo, a Igrexa de São Domingos, a igrexa e o mosteiro de São Gonçalo co Museo Amadeo de Souza-Cardoso, a Igrexa de São Pedro e o Solar dous Magalhães.
  • Despois da comida, visitaremos GUIMARAES.  Cidade da Idade Medida, coñecida como "O Berce de Portugal" que aínda conserva o castelo e a igrexa románica de San Miguel, do século XII.
  • Á hora acordada, inicio da viaxe de regreso á Cañiza

Nota: é recomendable que os viaxeiros estén en posesión da Tarxeta Sanitaria Comunitaria que se pode solicitar no CAISS da Cañiza ou online a través do enlace:  https://www.seg-social.es/wps/portal/wss/internet/Trabajadores/PrestacionesPensionesTrabajadores/10938/11566/1761#128573