
Ata o 21 de marzo poderase solicitar algunha das 1.540 prazas para o programa de lecer que a institución organiza cada verán nas instalacións do Grove
A Deputación ten aberto o prazo para participar no programa Depo Aventura A Lanzada, que se espallará entre o 22 de xuño e o 6 de setembro, en once quendas, cada unha de sete días de duración.
Ata o 21 de marzo poderase solicitar algunha das 1.540 prazas ofertadas para desfrutar do completo programa de lecer que a Deputación organiza cada verán, cun amplo abano de actividades encamiñadas ao enriquecemento persoal dos nenos e nenas.
Os campamentos desenvolveranse en once quendas entre o 22 de xuño e o 9 de setembro e están dirixidos a nenas e nenos empadroados na provincia e nados entre os anos 2012 e 2017.
O tiro de saída ao programa Depo Aventura A Lanzada terá lugar o 22 de xuño, coa primeira quenda que se espallará ata o 28 de xuño. As restantes quendas poden consultarse no enlace que deixamos a continuación: https://www.depo.gal/documents/37861/12187408/folleto_informativo-A-Lanzada-gal-2025.pdf
En cada unha das quendas participarán 140 nenas e nenos ata completar as 1.540 prazas ofertadas, das que 210 se reservarán para menores en risco de exclusión social e as 1.330 restantes seguirán o procedemento xeral.
Todas as prazas serán adxudicadas por sorteo.



