AXUDAS A VALORIZACIÓN E SEGUNDA TRANSFORMACION DAS PYMES DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT.

Emprego
ORIENTACION LABORAL

 

AXUDAS A VALORIZACIÓN E SEGUNDA TRANSFORMACION DAS PYMES DA INDUSTRIA FORESTAL GALEGA E DO CONTRACT.

BENEFICIARIAS:

As pequenas e medianas empresas, incluídas as persoas autónomas, da industria forestal e do contract radicadas en Galicia que utilicen a madeira e os seus derivados, a resina, a cortiza ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos alimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos.

𝐂𝐨𝐧𝐜𝐞𝐩𝐭𝐨𝐬 𝐬𝐮𝐛𝐯𝐞𝐧𝐜𝐢𝐨𝐧𝐚𝐥𝐞𝐬:

a) Compra de maquinaria nova vinculada aos procesos de transformación de produtos de orixe forestal non alimentarios, así como para os procesos de secado e doutros tratamentos e acabamentos da madeira.

b) Obras e instalacións necesarias para a correcta instalación e funcionamento dos investimentos obxecto de subvención.

c) Outros bens de equipamento novos que formen parte do activo da empresa e interveñan no proceso produtivo obxecto do proxecto.

d) Implantación e certificación da cadea de custodia de produtos forestais, de normativas de calidade e de xestión ambiental, e implantación de plans de mellora da xestión empresarial.

e) Servizos, bens, equipamentos, tecnoloxías e obras de acondicionamento necesarios para a obtención de certificados ou selos de calidade e ambientais, marcas de garantía rexistradas, marcas colectivas rexistradas ou implantación da marcación CE de produtos de orixe forestal e condicionados á súa obtención dentro do prazo de xustificación da axuda.

𝐏𝐫𝐚𝐳𝐨 𝐝𝐞 𝐬𝐨𝐥𝐢𝐜𝐢𝐭𝐮𝐝𝐞𝐬: ata o 9 de setembro de de 2022.

Para +  información:

https://www.xunta.gal/.../AnuncioG0520-230622-0002_gl.html