Axuda da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia por importe de 12.447,45 € para o financiamento de subministro de composteiros domésticos

Medio Ambiente

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia concedeu unha axuda ao Concello da Cañiza por importe de 12.447,45 € para o financiamento de subministro de composteiros domésticos e aireadores, así como a realización de actuacións de formación, difusión e seguimento do proxecto LIÑA 2 COMPOSTAXE.

MT975T BIAT-0117- 2025-RES ao abeiro da ORDE do 17 de decembro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal para a implantación de recollidas separadas de biorresiduos, aceites de cociña usados e téxtiles, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da UE no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva por anticipado de gasto para o ano 2025 (código de procedemento MT975T).

E para que conste a efectos de dar cumprimento ao esixido na citada Orde asino a presente.

Documento asinado electrónicamente por LUIS ANTONIO GOMEZ PIÑA, Alcalde do Concello.

 

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia concedeu unha axuda por importe de 6.750,00 euros para o financiamento de DOTACIÓN DE PUNTOS LIMPOS DE PROXIMIDADE