Expediente 1063/2025
ANUNCIO
Por Resolución do Director do INEGA de 13/11/2024 concedeuse ao Concello da Cañiza unha axuda por importe de 14.886,85 euros para execución do proxecto de PLANTA DE XERACIÓN FOTOVOLTAICA PARA AUTOCONSUMO COLECTIVO DAS DEPENDENCIAS MUNICIPAIS DE VALEIXE ao abeiro da RESOLUCIÓN do 7 de marzo de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se anuncia a convocatoria de subvencións para proxectos de enerxía fotovoltaica, para o ano 2024, susceptibles de cofinanciamento pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027 (código de procedemento IN421S).
E para que conste a efectos de dar cumprimento ao esixido sobre publicidade de axudas nas bases reguladoras de concesión da subvención asino a presente.
LUIS ANTONIO GOMEZ PIÑA, Alcalde do Concello.
