Anuncio de formación de 3 bolsas de emprego para o Servizo de Vías e Obras do Concello da Caniza

Alcaldía

O Concello da Caniza informa de que hoxe, 21 de abril, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), número 74,  o anuncio relativo á convocatoria para a formación de bolsas de emprego no Servizo de Vías e Obras.

Mediante Decreto de Alcaldía, iníciase o procedemento para a creación das seguintes bolsas :

  • Peón de Obras Públicas
  • Albanel
  • Oficial de Servizo de Vías e Obras Públicas

O prazo de presentación de solicitudes queda establecido entre o 22 de abril e o 1 de maio de 2026, ata as 23:59:59 horas.

As persoas interesadas poden consultar nos enlaces que aparecen nesta publicación, as bases das tres bolsas, así como a documentación necesaria. Ademais, tamén estarán dispoñibles nas oficinas municipais e no Taboleiro de Anuncios da Sede Electrónica e da páxina web oficial do Concello.

As persoas interesadas poderán presentar a documentación presencialmente nas oficinas municipais en horario de 8:30 a 15:00 horas, ou a través da sede electrónica en calquera momento, ata o día 1 de maio ás 23:59:59 horas.

Esta convocatoria ten por obxecto o establecemento dunha bolsa temporal de emprego para a ocupación de Oficial de Servizo de Vías e Obras Públicas,  albanel e de peón de obras públicas co fin de realizar contratacións laborais temporais (por circunstancias da produción, interinidade ou substitución de traballadores con dereito a reserva do posto), ao abeiro do artigo 15 do texto refundido do Estatuto dos Traballadores.

Estas contratacións poderán producirse, entre outros supostos, por:

  • Baixas por incapacidade temporal
  • Xubilación parcial ou anticipada ata a cobertura da praza polos procedementos legais
  • Acumulación puntual de tarefas ou necesidades do servizo
  • Calquera outra circunstancia que esixa a inmediatez na contratación

O persoal seleccionado cesará automaticamente cando desaparezan as circunstancias que motivaron o seu nomeamento ou cando finalice o proceso selectivo que substitúa esta bolsa.

Enlaces ás Bases e documentación.