57 Feria del Jamón en A Cañiza. 15 de agosto de 2023

57 Edición da Festa - Feira do Xamón da Cañiza. Xornada Gastronómica do 15 de agosto de 2023

 

El 15 de agosto A Cañiza celebra su  FERIA DEL JAMÓN, cita gastronómica ineludible en el verano de nuestra Comunidad Autónoma.

La Fiesta volverá  a celebrarse en la centenaria Carballeira del Cacharado, emplazamiento que durante más de un siglo fue testigo de las importantes ferias agrícolas y ganaderas de A Cañiza y sus aledaños.

No os podéis perder esta ocasión única!!.

Os esperamos!!!

A Cañiza celebra o 15 de agosto a súa Festa Feira do Xamón na Carballeira do Cacharado

 

Benvida do Alcalde da Cañiza

A Festa - Feira do Xamón da Cañiza cumpre 57 anos. Unha longa traxectoria percorrida por un extraordinario grupo de homes e mulleres desta terra que puxeron a súa ilusión e empeño en ofrecer e dar a coñecer a turistas e visitantes o mellor de A Cañiza : o noso xamón. E a súa perseveranza foi tal que hoxe os cañicenses temos o pracer de celebrar o seu 57 Aniversario.

Toda unha honra que queremos compartir convosco, cos amigos e veciños, turistas e visitantes, emigrantes e estranxeiros sen cuxo apoio e participación non sería posible cumprir esta nova edición.

A todos benvidos.

E benvidos tamén aos novos amigos que hoxe visitades A Cañiza e a nosa festa por primeira vez. Espero, en nome de todos os cañicenses, que vos levedes o mellor recordo desta Vila coñecida como “a Terra do bo xamón en Galicia”. Estou seguro de que os nosos hostaleiros e restauradores saberán atendervos con esmero e profesionalidade e que porán todo o seu empeño niso, do mesmo xeito que nós, desde o Concello, principal organizador das festas, poremos toda a nosa ilusión e traballo en conseguir organizar unha gran edición.

Para conmemorar esta celebración preparamos unha completa programación, deseñada para satisfacer todos os gustos e dirixida a todos os públicos. Música, cursos de corte de xamón e cata de viños, obradoiros de xamón e de pan, espectáculos infantís e exposicións forman parte desta selecta programación que poderás consultar neste sitio.

O noso obxectivo para este 57 aniversario non é outro que ofrecer a mellor das festas e traballar para que todos os que nos visiten nestes días nos recorden con agarimo e volvan á  nosa Vila. Este é o noso reto. Se o conseguimos todo o esforzo e dedicación pagará a pena.

Un gran saúdo e benvidos de novo.

 

 

A Cañiza é por mérito propio «A TERRA DO XAMÓN» en Galicia

E o é por varios factores pero principalmente porque posúe un microclima especial, único e idóneo para a curación dos produtos cárnicos.

Clima seco e frío, altitude ideal e temperatura adecuada: conxugación perfecta para que se curen no seu grado máis óptimo os mellores xamóns, lacóns, chourizos e demais produtos do porco.

A longa tradición xamoneira, os anos curtidos neste oficio e algún segredo dos nosos profesionais, conferiron ao Xamón de A Cañiza a denominación de excepcional.

Queremos convidarte a que visites A Cañiza en calquera época do ano, especialmente o 15 de agosto, data na que celebramos a Festa –Feira do Xamón na centenaria Carballeira do Cacharado e que vos levedes o mellor recordo desta Vila coñecida como a “Terra do Bo Xamón en Galicia”.

 

 

Programa da Xornada Gastronómica da Feira do Xamón. 15 de agosto 2023

Carballeira do Cacharado da CAÑIZA.Travesía da Feira. (A 200 m. do acceso da Autovía A-52 Rías Baixas)

A Cañiza celebra a súa 57 FEIRA DO XAMON o 15 de agosto nunha xornada que por 8º ano ofrecerá tamén xamón cortado a man.

Este ano celebrarase a VIII Competición de cortadores profesionais de xamón.

Todas as racións de xamón cortadas no concurso destinaranse á venda, polo que está garantizado o sabor e a frescura deste exquisito produto.

 

  • 11.00h. Comeza a venda de tickets para a compra das racións da Xornada Gastronómica matinal (de 11.00 a 14.00h)
  • 11.00h. Comezo do VIII Concurso Nacional de Cortadores de Xamón
  • 12.00h. Desfile da comitiva do xamón dende a Casa Consistorial ata a Carballeira
  • 12.30h a 13.30h:  Actuacións do Grupo de Gaitas «BARALLOCAS» da Cañiza, do Grupo da «ASOCIACIÓN CULTURAL SANTA CRISTINA DE VALEIXE» e da Charanga «NOROESTE»
  • 14.30h. Entrega dos premios do Concurso de Cortadores e sorteo de 3 xamóns.
  • 19.00h. Torneo de fútbol “Trofeo Festa do Xamón” no campo de Fútbol de O Vieiro
  • 19.00h. Espectáculo infantil de animación «A Bailar no Verán», a cargo da COMPAÑÍA   ANIMAR-T, na rúa Oriente.
  • 22.30h verbena amenizada polo Grupo LA NAVE (Rúa Antonio Facorro) e pola Orquestra GRAN PARADA (Praza Maior)

 

 

Programación da Festa: actividades e verbenas

  • SÁBADO 12 DE AGOSTO,  ás 23.00h na Praza Maior:  CONCERTO DE MARIA DO CEO e da Banda de Gaitas de PARAMOS – TUI.

 

  • DOMINGO, 13 DE AGOSTO.
    • 18.00h: Obradoiro do Bocata de Xamón para toda a familia na rúa Oriente.
    • 22.30h Actuación da banda TOP  SECRET e a discoteca móbil “RADIKAL”na Praza Maior.

 

  • LUNS, 14 DE AGOSTO
  • 12.00h Pasarrúas cos nosos centenarios Cabezudos acompañados polo Grupo de Santa Cristina de Valeixe. Saída dende a Casa Consistorial (Rúa Oriente,11)
  • 19.00h. Master Class de corte de Xamón e Cata de viños diante da Casa do Concello para todos os que queiran participar ( aforo limitado)
  • 22.30h verbena  amenizada polo Grupo ALKAR (Rúa Antonio Facorro) e a Orquestra SAUDADE (Praza Maior)

 

  • MARTES, 15 DE AGOSTO 2023. 57 FEIRA DO XAMÓN NA CAÑIZA

Xornada Gastronómica na Carballeira do Cacharado e VIII Concurso Nacional de Cortadores de Xamón

  • 19.00h. Espectáculo infantil de animación «A Bailar no Verán», a cargo da COMPAÑÍA ANIMAR-T, na rúa Oriente.
  • 22.30h verbena amenizada polo Grupo LA NAVE (Rúa Antonio Facorro) e pola Orquestra GRAN PARADA (Praza Maior)

 

 

Carteis da Festa

 

57 Edición da Festa - Feira do Xamón da Cañiza. Xornada Gastronómica do 15 de agosto de 2023

 

Programación da 57 Festa - Feira do Xamón da Cañiza. 15 de agosto de 2023

 

VIII Edición do Concurso de Cortadores do Xamón. A Cañiza 15 de agosto de 2023
Fiesta popular