Os días 15,17,21,22 e 24 de novembro na Aula CEMIT da Cañiza
O Concello da Cañiza ofrece un curso gratuíto de animación xerontolóxica.
Aulas os martes, mércores e venres de 16 a 20 h
Comezo do curso o mércores 15 de novembro. Total: 20 horas
OBXECTIVOS ACCIÓN FORMATIVA
O obxectivo principal é aprender técnicas de rehabilitación e de planificación de obxectivos destinada a mellorar a atención e o coidado da xente maior.
TEMARIO ACCIÓN FORMATIVA
. Conceptualización da vellez
1.1. Do enfoque deficitario do deterioro ao envellecemento activo
1.2. Actividade física no envellecemento
2. Características do proceso de envellecemento
2.1. Características físicas do envellecemento
2.2. Características do envellecemento cognitivo
2.3. Características psicosociais no envellecemento
2.4. Principais enfermidades neurodexenerativas asociadas ao envellecemento
PLANIFICACIÓN
1. A animación xeriátrica
1.1. O concepto de ocio e tempo libre no envellecemento
2. O animador xeriátrico
2.1. O xogo na terceira idade
3. Planificación da animación xeriátrica
3.1. Niveis de planificación
3.2. Proceso de planificación de proxectos de animación xeriátrica
3.2.1. Etapa diagnóstica: detección de necesidades e análise contextual
3.2.2. Etapa de definición do proxecto
3.2.3. Etapa de intervención
3.2.4. Etapa de avaliación
EXERCICIOS FÍSICOS EN PERSOAS MAIORES
1. Definición de conceptos
2. Actividade físico-deportiva e exercicio físico en maiores
2.1. Programas físico-deportivos enfocados á terceira idade
2.2. Principios xerais para os programas de actividades físicas en persoas maiores
2.3. Pautas xerais para o deseño de sesións
2.4. Exercicios de resistencia e aeróbicos
2.5. Exercicios de fortalecemento
2.6. Exercicios de equilibrio
2.7. Exercicios de estiramentos e flexibilidade
2.8. Exercicios de relaxación
Información e inscrición: Biblioteca Municipal /Telef: 986 66 30 69
Prazas limitadas!
Aulas os martes, mércores e venres de 16 a 20 h.