Sobre o arroio coñecido como Regueira do Aceval, na parroquia de Luneda, atopamos un recuncho singular formado polos restos dun antigo serradoiro e un muíño. Do primeiro só se conserva unha espectacular condución de auga en forma de torre ou cheminea circular e parte da edificación. O muíño, do tipo "de cubo", consérvase en perfecto estado. Ambas as pezas, xunto ao regato, forman un conxunto moi interesante.
Etnográfico