Poldras do Deva

Unha poldra é, entre outras cousas, un conxunto de pedras que se colocan sobre o leito dun río, en zona pouco profunda, de forma que sobresaian sobre o nivel da auga e que permitan cruzalo sen mollarse. Colócanse cunha certa separación, de modo que coincidan co longo dun paso. Neste caso, referímonos ás que permiten cruzar un tramo do río Deva, moi preto de onde se lle une o río Calvo, nunha fermosa zona cuberta por un espeso e frondoso bosque de galería. Toda a zona, atravesada polo carreiro PRG 165, é un conxunto de micropaisajes de gran beleza nos que gozar dos cheiros do bosque, os sons da auga e múltiples imaxes.

Localización
Valeixe

Ambiental