Sobre o río Deva e na zona de Touzosas, Valeixe, atopamos este curioso paso formado por longas laxas de granito, duns 3 m de longo por pouco máis de 50 cm de ancho, colocadas en fila sobre piares de pedra apoiados por outras grandes laxas no lado de entrada da auga, o que nos dá unha idea da forza que pode alcanzar o río nesta zona. é unha zona moi húmida e frondosa que merece a pena explorar, aínda que é necesario ter coidado de non escorregar.
Ambiental