Un estreito camiño entre muros de pedra lévanos ata este fermoso recuncho formado por unha pequena fonte de traza románica e construída en pedra. Ten un pequeno anxo esculpido na parte superior, con dúas pilas de pedra situadas a distinto nivel. Serve de descanso e refresco para os peregrinos que se achegan ao santuario da Franqueira e ás súas augas atribúenselle poderes para aliviar os males de ósos e mesmo para "rexuvenecer". Nunha zona de sombra, resulta moi pracenteiro escoitar o murmurio da auga ao caer dunha pila á outra e seguir o seu curso natural.
Cultural