Cristo da Miranda

Esta pequena e curiosa capela, con forma de baldaquino, acolle no seu interior un cruceiro e un peto de ánimas, datados entre o século XVI-XVIII. Tres dos laterais están abertos e protexidos por unha cancilla de ferro que nos permite ver o interior. Na base do cruceiro obsérvase unha inscrición dedicada a Santa María, mentres que, no varal, de base hexagonal, vemos diversos elementos pintados, alegóricos da paixón de Cristo. O capitel, que tamén conserva restos de policromía, está decorado con follas superpostas sobre as que se sitúan un Cristo crucificado, cunha imaxe a Virxe co Neno no outro lado.

Localización
Valeixe

Cultural