Limita co Concello de Crecente e o municipio ourensano de Melón. Con máis de 400 habitantes dista da Cañiza 2'8 km e alcanza unha altitude máxima de 535 m. Atópase bañado polo río Ribadil. Nesta parroquia aséntase o polígono industrial municipal da Cañiza.
A súa patroa é Stª María, pero ademais os veciños senten especial veneración pola Virxe das Dores. Celebran a súa festividade o último domingo de xullo. Fronte á Igrexa Parroquial consérvase un magnífico “cruceiro” de pedra.
Conta con 7 Comunidades de Montes Vecinales en Man Común: CMV de Ribadil, CMV de Igrexa, CMV de Paredes, CMV de Carballal, CMV de Vos Gómez, CMV de Aráns e CMV de Guntín..
Os veciños dispoñen dun Centro Cultural próximo ao barrio de Igrexa.
No libro Historia Civil e Eclesiástica da Cidade de Tuy e o seu Obispado (1852. Francisco Avila e a Cueva) recóllese a seguinte descrición da parroquia por aquel entón.
«... Invoca por Patroa esta parroquia a Santa María a Nai de Deus, que celebran a 8 de setembro, No ano 1852 estaba habitada por 182 veciños que correspondían polo contencioso político e gobernativo á Xustiza de Crecente. Valen os seus diezmos 20.500 rs. Que insólidum percibe o párroco, o que ten casa rectoral e iglesario de 3 ferrados e medio de pan en semiente. Ademais percibe de renda anual 100 rs en diñeiro. A fábrica da igrexa non cobra nin posúe nada. Este Beneficio é de presentación Real e Ordinaria.
Atópanse aquí as augas chamadas Santas no sitio do Burgo que son medicinales para varias enfermidades e especialmente para os que padecen mal de pedra (cálculos en ouriña). Ten feira principal todos os días 6 de cada mes no lugar de Aráns, dista da capital Cidade de Tuy 6 leguas...»