Feira do Xamón da Cañiza. 15 de agosto de 2022

Cartel Historico da 56 edicion da Festa Feira do Xamon na Cañiza. 15 de agosto de 2022
Baner da 56 Festa Feira do Xamon da Cañiza

 

O 15 de agosto A Cañiza celebra a súa  FEIRA DO XAMÓN, cita gastronómica ineludible no verán da nosa Comunidade Autónoma.

A Festa volverá  a celebrarse na centenaria Carballeira do Cacharado, emprazamento que durante máis dun século foi testemuña das importantes feiras agrícolas e gandeiras da Cañiza e os seus arredores.

No vos podedes perder  esta ocasión única!!.

vos agardamos!!!

BENVIDA DO ALCALDE DA CAÑIZA, LUIS ANTONIO GÓMEZ PIÑA

A Festa - Feira do Xamón da Cañiza cumpre 56 anos. Unha longa traxectoria percorrida por un extraordinario grupo de homes e mulleres desta terra que puxeron a súa ilusión e empeño en ofrecer e dar a coñecer a turistas e visitantes o mellor de A Cañiza : o noso xamón. E a súa perseveranza foi tal que hoxe os cañicenses temos o pracer de celebrar o seu 56 Aniversario. Toda unha honra que queremos compartir convosco, cos amigos e veciños, turistas e visitantes, emigrantes e estranxeiros sen cuxo apoio e participación non sería posible cumprir esta nova edición.

A todos benvidos. E benvidos tamén aos novos amigos que hoxe visitades A Cañiza e a nosa festa por primeira vez. Espero, en nome de todos os cañicenses, que vos levedes o mellor recordo desta Vila coñecida como “a Terra do bo xamón en Galicia”. Estou seguro de que os nosos hostaleiros e restauradores saberán atendervos con esmero e profesionalidade e que porán todo o seu empeño niso, do mesmo xeito que nós, desde o Concello, principal organizador das festas, poremos toda a nosa ilusión e traballo en conseguir organizar unha gran edición.

Para conmemorar esta celebración preparamos unha completa programación, deseñada para satisfacer todos os gustos e dirixida a todos os públicos. Música, cursos de corte de xamón e cata de viños, obradoiros de xamón e de pan, espectáculos infantís e exposicións forman parte desta selecta programación que poderás consultar neste sitio.

O noso obxectivo para este 56 aniversario non é outro que ofrecer a mellor das festas e traballar para que todos os que nos visiten nestes días nos recorden con agarimo e volvan á  nosa Vila. Este é o noso reto. Se o conseguimos todo o esforzo e dedicación pagará a pena.

Un gran saúdo e benvidos de novo.

o Alcalde Luis Piña acompañado da Presidenta da Deputación Provincial Carmela Silva na presentación da pasada edición da Feira do Xamón

 

A CAÑIZA É POR MÉRITO PROPIO A TERRA DO XAMÓN EN GALICIA

E o é por varios factores pero principalmente porque posúe un microclima especial, único e idóneo para a curación dos produtos cárnicos.

 Clima seco e frío, altitude ideal e temperatura adecuada: conxugación perfecta para que se curen no seu grado máis óptimo os mellores xamóns, lacóns, chourizos e demais produtos do porco.

 A longa tradición xamoneira, os anos curtidos neste oficio e algún segredo dos nosos profesionais, conferiron ao Xamón de A Cañiza a denominación de excepcional.

 Queremos convidarte a que visites A Cañiza en calquera época do ano, especialmente o 15 de agosto, data na que celebramos a Festa –Feira do Xamón na centenaria Carballeira do Cacharado e que vos levedes o mellor recordo desta Vila coñecida como a “Terra do Bo Xamón en Galicia”.

 

PROGRAMA do 15 de agosto de 2022

Carballeira do Cacharado da CAÑIZA.Travesía da Feira (A 200 m. do acceso da Autovía A-52 Rías Baixas)

A Cañiza celebra a súa 56 FEIRA DO XAMON  o 15 de agosto nunha xornada que por 7º ano ofrecerá tamén xamón cortado a man. Este ano celebrarase a VII Competición de cortadores profesionais de xamón

Todas as racións de xamóns cortadas no concurso destinaranse á venda, polo que está garantizado o sabor e a frescura deste exquisito produto.

 

XORNADA GASTRONÓMICA a partires das  11h00

11:00. Venda de tikets para adquisición das distintas racións elaboradas con xamón: xamón curado, asado, empanada e tortilla de xamón. Ademáis este ano incorpórase como novidade a tapa de empanado de xamón.

As racións estarán á venda por 6 € e inclúen : 1 tapa de xamón a elixir entre as especialidades anteriores, acompañada de pan, unha botella de auga e un vaso de viño das adegas do val de Valeixe, "Eido da Fonte" ou "Abelán".

11:00.  Comezo da competición de especialistas de corte de xamón

12:00. Desfile da Comitiva encabezada polos centenarios “Cabezudos” da Vila  e os pequenos da localidade ataviados cos traxes rexionais portando as bandexas de xamón (desfile dende a Casa Consistorial (r/Oriente, 11) ata a Carballeira do Cacharado. 

 12:30. Actuación do Grupo Folk "Os do Cruceiro" da Cañiza

13:00. Actuación a cargo do Grupo Folclórico e Banda de Gaitas Santa Cristina de Valeixe. 

13:30. Actuación da Charanga "Evaristo"

19:00. Espectáculo de animación infantil na Rúa Oriente coa compañía "ANIMAR-T" e o seu espectáculo "O Paxariño"

19:00. Torneo de Fútbol "festa do xamón" no Campo Municipal do Vieiro

Verbena FIN DE FESTA ata a madrugada a cargo da ORQUESTRA CHARLESTON BIG BAND e o GRUPO ATENAS

 

Cartel das Festas do Xamón 15 de agosto de 2022

 

 

Cartel do VII certame de Cortadores de xamón 15 de agosto de 2022

 

 

Festa popular