O 15 de agosto A Cañiza celebra a súa FEIRA DO XAMÓN, cita gastronómica ineludible no verán da nosa Comunidade Autónoma.
A Festa volverá a celebrarse na centenaria Carballeira do Cacharado, emprazamento que durante máis dun século foi testemuña das importantes feiras agrícolas e gandeiras da Cañiza e os seus arredores.
No vos podedes perder esta ocasión única!!.
Vos agardamos!!!
Benvida do Alcalde da Cañiza
A Festa - Feira do Xamón da Cañiza cumpre 58 anos. Unha longa traxectoria percorrida por un extraordinario grupo de homes e mulleres desta terra que puxeron a súa ilusión e empeño en ofrecer e dar a coñecer a turistas e visitantes o mellor de A Cañiza : o noso xamón. E a súa perseveranza foi tal que hoxe os cañicenses temos o pracer de celebrar a súa 58 edición.
Toda unha honra que queremos compartir convosco, cos amigos e veciños, turistas e visitantes, emigrantes e estranxeiros sen cuxo apoio e participación non sería posible cumprir esta nova edición.
A todos benvidos.
E benvidos tamén aos novos amigos que hoxe visitades A Cañiza e a nosa festa por primeira vez. Espero, en nome de todos os cañicenses, que vos levedes o mellor recordo desta Vila coñecida como “a Terra do bo xamón en Galicia”. Estou seguro de que os nosos hostaleiros e restauradores saberán atendervos con esmero e profesionalidade e que porán todo o seu empeño nesta tarefa, do mesmo xeito que nós, desde o Concello, organizador das festas, poremos toda a nosa ilusión e traballo en conseguir organizar unha gran edición.
Para conmemorar esta celebración preparamos unha completa programación, deseñada para satisfacer todos os gustos e dirixida a todos os públicos. Música, cursos de corte de xamón e cata de viños, obradoiros de xamón e de pan, espectáculos infantís e moita diversión, forman parte desta selecta programación que poderás consultar neste sitio.
O noso obxectivo para esta 58 edición non é outro que ofrecer a mellor das festas e traballar para que todos os que nos visiten nestes días nos recorden con agarimo e volvan á nosa Vila.
Un gran saúdo e benvidos de novo.
A Cañiza é por mérito propio «A TERRA DO XAMÓN» en Galicia
É a terra do xamón por varios factores pero principalmente porque posúe un microclima especial, único e idóneo para a curación dos produtos cárnicos.
Clima seco e frío, altitude ideal e temperatura adecuada: conxugación perfecta para que se curen no seu grado máis óptimo os mellores xamóns, lacóns, chourizos e demais produtos do porco.
A longa tradición xamoneira, os anos curtidos neste oficio e algún segredo dos nosos profesionais, conferiron ao Xamón de A Cañiza a denominación de excepcional.
Queremos convidarte a que visites A Cañiza en calquera época do ano, especialmente o 15 de agosto, data na que celebramos a Festa –Feira do Xamón na centenaria Carballeira do Cacharado e que vos levedes o mellor recordo desta Vila coñecida como a “Terra do Bo Xamón en Galicia”.
Programa da Xornada Gastronómica da Feira do Xamón. 15 de agosto 2024
Carballeira do Cacharado da CAÑIZA.Travesía da Feira. (A 200 m. do acceso da Autovía A-52 Rías Baixas)
A Cañiza celebra a súa 58 FEIRA DO XAMON o 15 de agosto nunha xornada que por 9º ano ofrecerá tamén xamón cortado a man.
Este ano celebrarase a IX Competición de cortadores profesionais de xamón.
Todas as racións de xamón cortadas no concurso destinaranse á venda, polo que está garantizado o sabor e a frescura deste exquisito produto.
- 11.00h Comeza a venda de tickets para a compra das racións
- 11.00h Comezo do IX Concurso Nacional de Cortadores de Xamón
- 12.00h Desfile da comitiva do xamón dende a Casa Consistorial ata a Carballeira
- 12.30h a 13.30h Actuacións do Grupo de Gaitas «O CRUCEIRO» da Cañiza, do Grupo da «ASOCIACIÓN CULTURAL SANTA CRISTINA DE VALEIXE» e da Charanga «OT»
- 14.30h Entrega dos premios do Concurso de Cortadores e sorteo de 3 xamóns.
- 19.00h Espectáculo infantil de animación «O Show do FIFO», a cargo da COMPAÑÍA TROULA ANIMACIÓN, na rúa Oriente.
- 22.30h verbena amenizada polas orquestras LA TRAVESÍA (Rúa Antonio Facorro) e COSTA DORADA (Praza Maior)
Programación da Festa: actividades e verbenas
MARTES 13 DE AGOSTO
- 18.00h Obradoiro do Bocata de Xamón xigante para toda a familia na rúa Oriente.
- 22.30h Actuación da banda Los PLATINOS e a discoteca móbil “RADIKAL”na Praza Maior.
MÉRCORES, 14 DE AGOSTO
- 12.00h Pasarrúas cos nosos centenarios Cabezudos acompañados polo Grupo de Santa Cristina de Valeixe. Saída dende a Casa Consistorial (Rúa Oriente,11)
- 19.00h Master Class de corte de Xamón e Cata de viños diante da Casa do Concello para todos os que queiran participar ( aforo limitado)
- 18.00h/20.00h FÚTBOL “Trofeo FESTA DO XAMÓN” masculino e feminino no Campo do Vieiro
- 22.30h verbena amenizada polas orquestras ALABAMA (Rúa Antonio Facorro) e GALILEA (Praza Maior)
XOVES 15 DE AGOSTO - 58 FEIRA DO XAMÓN NA CAÑIZA
Xornada Gastronómica na Carballeira do Cacharado e IX Concurso Nacional de Cortadores de Xamón
- 19.00h Espectáculo infantil de animación «O Show do FIFO», a cargo da COMPAÑÍA TROULA ANIMACIÓN, na rúa Oriente.
- 22.30h verbena amenizada polas orquestras LA TRAVESÍA (Rúa Antonio Facorro) e COSTA DORADA (Praza Maior)
Carteis da Festa