Ten como obxectivo prioritario que os cidadáns poidan acceder ao coñecemento dos seus dereitos e obrigas e a utilización dos bens e servizos públicos.
As súas funcións:
- Orientación e información: ofrece aclaracións e axudas de índole práctica sobre procedementos, requisitos ou documentación para os proxectos ou solicitudes que se propoña realizar un cidadán ou para acceder ao disfrute dun servizo público ou beneficiarse dunha prestación.
- Entrega de instancias e colaboración e asesoramento na súa cumprimentación sobre a realización da maior parte dos trámites municipais: licenzas, denuncias, informacións urbanísticas, pago de tributos municipais, certificados de datos persoais dos que dispoña o Concello (padróns de habitantes, tarxetas de minusválido, título de familia numerosa, etc.).
- Recibe e tramita as reclamacións, denuncias, peticións e outros plantexamentos por parte do cidadán.
- Xestión de información administrativa municipal.
- Nestas dependencias pódense consultar os boletíns oficiais (BOE, DOGA e BOP do ano en curso), a normativa local e a cartografía municipal.
Horario
Horario: de Luns a venres de 9:30 a 13:30 horas
Sábados: de 9:30 a 13:30 horas