O incendio deste fin de semana que cercou a Fase II do polígono industrial Ribadil, logrouse controlar rapidamente grazas aos medios implicados e tamén á colaboración cidada.

Na madrugada deste domingo, 31 de xullo, declarouse un incendio na zona de Oroso, moi cerca das naves da II Fase do polígono industrial Ribadil. Un perigo que provocou que se declarase a alerta 2 de incendios e que durante máis dunha hora se cortara o tráfico na Autovía A-52 e durante dúas horas a N-120.

Na extinción deste incendio colaboraron os efectivos do Concello da Cañiza coa maquinaria e o camión motobomba, o Grupo de Emerxencias Supramunicipal do Baixo Miño e Ribadavia, os bombeiros de Vigo e de Porriño así como medios aéreos que entre todos lograron apagar rápidamente o incendio sen consecuencias maiores, pero coa queima de 24 hectáreas de terreo. A todos eles o noso máis sinceiro agradecemento pola labor desenvolvida.

Dende este comunicado o Alcalde, Luis Piña, fai un chamamento a importancia e necesidade de ter limpos e libre de matorral e maleza os montes e fincas. Unha obriga que establece a Lei de Incendios.

TAMÉN RECORDA A TODOS OS CAÑICENSES DE QUE ESTAMOS SUFRINDO UN EPISODIO DE VAGA DE CALOR EN CURSO DE NIVEL 2 ,ALERTA LARANXA.

Polo que debemos adoptar entre todos as medidas preventivas necesarias tanto en materia de saúde como medioambiental.

Video file