O deporte cañicense volve a estar de noraboa

NESTA OCASIÓN GRAZAS AOS ÉXITOS ACADADOS POLOS ALUMN@S DO CLUBE CAÑIZA ASOCIADO AO KIAP VIGO DE TAEKWONDO, QUE CONSEGUIRON VARIOS PODIUMS NA COPA XUNTA DE TAEK CELEBRADA EN CUNTIS O PASADO FIN DE SEMANA.

O ALCALDE LUIS PIÑA, EN NOME DE TODOS OS CAÑICENSES, FELICITOU A ESTA GRAN FAMILIA DEPORTIVA DO TAEKWONDO CAÑIZA, ALUMNOS, PAIS E NAIS, ENTRENADORES, DIRECTIVA E MOI ESPECIALMENTE AOS MEDALLISTAS, POLO ESFORZO E LOGROS ACADADOS.

Celebramos o éxito dos nosos deportistas na nova edición da Copa Xunta de Galicia de Técnica, disputada o pasado 19 de novembro, na que participaron máis de 522 deportistas de 34 clubes galegos. Entre eles 10 competidores da Cañiza.

O Clube Asociado cañicense conseguiu 5 medallas da man de Iker González, gañador da medalla de ouro na categoría de benxamín.  Marco Pérez, coa 3ª posición e medalla de bronce na categoría alevín competitiva.  María Cerviño, gañadora da medalla de prata en alevín amateur e Pedro Pedrouzo, medalla de bronce na mesma categoría e Elías Román que se alzou coa medalla de bronce na categoría de cadete infantil.

A Copa Xunta de Galicia de técnica (infantil e adultos) é un torneo que ten como obxectivo prioritario a promoción deste deporte, aínda que nos últimos anos inclúe a categoría competitiva, que outorga puntos para o ránking galego de técnica. Neste torneo participaron os deportistas que acadaron a clasificación nas fases provinciais, que se celebraron no mes de outubro coa participación de case 1.400 deportistas.

Os 30 deportistas do Clube asociado da Cañiza, afiliado ao KIAP de Vigo, entrenan nas instalacións do ximnasio municipal, de luns a venres en horario de 16h a 18h e está coordinado polo entrenador nacional de taekwondo Fidel Rodríguez, traballador do Concello da Cañiza, adscrito ao servizo de deportes como monitor deportivo.

Para ampliar información sobre esta disciplina deportiva, podes dirixirte ao persoal do ximnasio da Cañiza.