O Concello da Cañiza felicita ás xogadoras do Helvetia Saeplast BM Cañiza e ao Club de Balonmán Cañiza tras gañar este fin de semana a Copa Galicia Feminina 2025

O equipo cañicense derrotou este domingo á A.D. Carballal por 23-24 nunha final disputada no Pavillón Municipal Sara Gómez en Vilagarcía de Arousa, traendo así un novo título á Cañiza.

O Alcalde Luis Piña estivo presente na final e tivo o honor de entregar o trofeo ao equipo cañicense.

Na súa intervención, o Alcalde quixo subliñar a relevancia deste título para o municipio e a traxectoria do Club de Balonmán Cañiza, que segue demostrando o seu compromiso co balonmán e co deporte en xeral.

"Desde o Concello, queremos felicitar ás xogadoras e a todo o equipo do Helvetia Saeplast BM Cañiza  polo seu esforzo e por este merecido título. Este éxito é o resultado dun traballo constante e dunha dedicación incansable, que fai de A Cañiza un referente no balonmán galego. Estamos moi orgullosos do noso club e do seu impacto na nosa comunidade", afirmou o Alcalde.

A final da Copa Galicia Feminina 2025 non só foi un éxito deportivo, senón tamén unha xornada que puxo en valor a gran calidade do balonmán galego, un deporte que segue a medrar e a consolidarse na nosa comarca e por suposto na Cañiza.

Felicidades Equipo!