O cambio da carpintería metálica e fiestras da piscina climatizada está permitindo acadar importantes aforros enerxéticos

Así o comunicou o Alcalde Luis Piña, nunha visita que realizou esta mañá á instalación, acompañado dos Concelleiros de Goberno Rubén Muíños e Mª José Rodríguez e da traballadora que coordina a instalación, Yolanda Estévez, e na que recordou que o Concello realizou un importante esforzo, cambiando toda a carpintería metálica e vidreiras para subsanar as deficiencias de illamento exterior e condensación que presentaba a piscina climatizada.

Unha actuación que permitiu mellorar a eficiencia enerxética desta instalación deportiva, financiada coas axudas do Fondo de Compensación Ambiental 2023 da Xunta de Galicia.

Unha obra cun investimento inicial de 94.854,67 euros impostos incluídos, desagregados en 87.957,67 € correspondentes á execución da obra, dos que 61.085,96€ corresponden á execución material, 7.941,17€ ao 13% de gastos xerais, 3.665,16 € ao 6% de beneficio industrial e 15.265,18€  ao 21% de Ive. A reforma adxudicouse a empresa PROYECTOS Y CONTRATAS COVELO, S.L por un importe de 84.131,51 €.

Aos costes de execución material, engádense os gastos de honorarios para redacción de proxecto de execución, (4.356,00€), e dirección de obra (2.541,00€) que suman un total de 6.897,00€, adxudicados á mercantil NIMO-MEZQUITA arquitectura S.L.P.

 

Subvencionada con 79.600,43€ a través do Fondo de Compensación Ambiental 2023 da Xunta de Galicia

A actuación contou cunha subvención de 79.600,43€ financiados a través das axudas do ano 2023 do Fondo de Compensación Ambiental  da Xunta de Galicia e tamén cunha axuda da Deputación Provincial de 4.356,00€, a través do Plan Concellos 2023, para o financiamento de honorarios de redacción de proxectos.

A obra consistiu no cambio de toda a carpintería metálica exterior e das vidreiras existentes na instalación deportiva, substituíndoas por novas carpinterías con rotura de ponte térmico e vidros baixo emisivos (antes de vidro simple), conservando todo o conxunto compositivo orixinal das fachadas, cambiando a cor granate por gris grafito.

Con esta actuación conseguiuse obter un maior rendemento da instalación, logrando un importante grao de estanqueidade interior, conservando todas as condicións ambientais de temperatura, ao reducirse as perdas e conseguindo melloras  relevantes nos aforros económicos que se viñan producindo por perdas a través das fiestras existentes.

Esta actuación sumouse á importante obra de rehabilitación enerxética desenvolvida na piscina durante os anos 2002 e 2023 grazas ás axudas do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, a través do PIREP Liña 1 (Plan rehabilitación de edificios de titularidade pública) de 727.678,69€ e ás dúas axudas da Deputación Provincial a través do Plan de inversión Reacciona Pontevedra, subvencionada con 76.684,03€ e o Plan Concellos 2022-2023, de 28.830,28€.  Nesta reforma integral da piscina o Concello tivo que aportar con cargo aos recursos municipais 112.467,77€, investindo un total de 945.660,77€.

Esta obra permitiu reformar as 2 cubertas da piscina para mellorar a climatización da instalación. Substituír as caldeiras de gas-oil por outras de pellets, eliminar  o vaso da piscina pequena para construír neste espazo unha nova zona de usos polivalentes. Reducir  o vaso grande da piscina que quedou a unha altura de 1.20 nos extremos e 1.30 no medio. Construír unha zona de benestar dotada dunha jacuzzi e 2 saunas. Renovar todo o sistema de iluminación da entrada, salas múltiples, pasillos, vestiarios e duchas e reparar as bombas de climatización e as bombas de calor xeotérmica.