O Alcalde visita as obras de reforma integral das pistas de tenis municipais rematadas nestes primeiros días de xaneiro

Luis Piña, acompañado das Concelleiras de Goberno Paula Bacelar e Eva Mª Rivas, do director da obra da empresa Calderón & Asociados Ingeniería Medioambiental e das encargadas da empresa construtora PRACE Servicios y Obras S.A., adxudicataria deste contrato, visitaron onte as pistas de tenis “Carballo do Marco” que lucen novo pavimento deportivo, novo pechamento perimetral e 4 grandes torres de iluminación.

Ademais e segundo comunicou o Alcaldeesta obra tiña necesariamente que tratar os problemas de augas e de humidade que afectan ás pistas, polo que un dos traballos máis importantes que se executaron nesta reforma foi o de drenaxe das augas que proceden de niveis superiores e que afectaban ao rendemento da instalación deportiva”.

Unha actuación cun investimento inicial de 147.682,08€, impostos incluídos, desagregados en 139.716,00 € correspondentes á execución da obra, dos que 97.031,74€ corresponden á execución material, 12.614,13€ ao 13% de gastos xerais, 5.821,90 ao 6% de beneficio industrial e 24.248,23 ao 21% de Ive. A reforma adxudicouse a empresa PRACE Servicios y Obras S.A. por un importe de 136.921,68€.

No apartado de honorarios 2.129,60€ corresponden á redacción de proxectos, 4.025,16€ a honorarios de dirección de obra e 1.811,32 € a honorarios de coordinación de seguridade e saúde, adxudicados á empresa Calderón & Asociados Ingeniería Medioambiental.

 

A actuación está financiada ao 100%

O Alcalde Luis Piña asinou o pasado 13 de marzo de 2023 un Convenio de colaboración coa empresa RED ELÉCTRICA DE ESPAÑA S.A.U para financiar a obra por un importe 51.085,00€.  Ademais e para subvencionar a cantidade restante, a Deputación de Pontevedra concedeu á Cañiza o pasado 28 de xuño de 2024 unha axuda de 96.597,08 €, ao abeiro das subvencións do Plan Máis Provincia 2024, correspondentes ao Concello.

A adxudicación da obra tramitouse por procedemento aberto simplificado a través da plataforma de contratación do sector público a mediados de 2023, pero nos primeiros traballos de retirada de firme orixinal, detectáronse graves deficiencias nas lousas das pistas. Este mal estado precisou dunha reformulación e reaxuste das necesidades da instalación, tendo que redactarse un novo proxecto de reforma para tratar en profundidade o mal estado das pistas.

 

A reforma permitirá optimizar o rendemento das pistas e ampliar os seus horarios de uso

As obras que acaban de rematar consistiron na reforma integral do pavimento deportivo das dúas pistas de tenis, nunha superficie total de 1.400 m2, que estrea lousas de gran resistencia, alta capacidade drenante e axustada resbaladicidade e cun acabado en pintura verde acrílica especial para pistas deportivas. A empresa comunicou que a última capa de pintura aplicarase no mes de maio, aproveitando as altas temperaturas debido a que esta zona está afectada por importantes humidades.  Tamén se marcaron as liñas viais e de xogo e se substituíron as redes de tenis por unha liña Premium.

A reforma tamén permitiu substituír todo o pechamento de protección perimetral, con postes de aceiro de 4 metros de altura e malla branca aportando un aire de modernidade ás pistas.

Ademais instalouse unha nova rede de iluminación composta por canalización soterrada e 4 novas torres de 8 metros de altura de aceiro galvanizado e sistema de iluminación LED.

A drenaxe da zona perimetral norte foi outra das actuacións máis importantes desta reforma porque a canalización das augas procedentes de estratos superiores (da estrada Carballo do Marco) que afectan ás pistas, evitará o contacto coa instalación, illándoa de humidades e favorecendo a súa vida útil.  

 

O Alcalde visita as obras de reforma integral das pistas de tenis municipais rematadas nestes primeiros días de xaneiro

 

O Alcalde visita as obras de reforma integral das pistas de tenis municipais rematadas nestes primeiros días de xaneiro

 

O Alcalde visita as obras de reforma integral das pistas de tenis municipais rematadas nestes primeiros días de xaneiro