O Alcalde Luis Piña visita as obras de construcción do novo pozo de suministro de auga de Portoaugavella iniciadas a primeiros de xullo.

Cun investimento de 88.398,95€ esta obra hidráulica adxudicada á empresa  Construcciones, Obras y Viales S. A., COVSA, está subvencionada ao 100 %  pola Liña 1 do Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra

O pozo ven a sumarse ao xa construido no mes de abril na zona do Rañadoiro con aporte de auga directo ao Depósito de Augas Férreas cun investimento cercano aos 68.000,00€. As dúas obras superaron os 155.000 €.

Luis Piña visitou de novo as obras de construción do pozo de barrena que subministrará auga ao depósito da traída municipal de Portoaugavella.

A obra fai parte das actuacións desenvolvidas polo Concello da Cañiza para mellorar o actual sistema de abastecemento de auga potable ao casco urbano da vila e tratar de garantir o servizo.

Unha vez máis o Alcalde recorda que a rede necesita de actuacións futuras, caudalímetros, retedores e novas tubaxes, para alcanzar un estado adecuado da infraestrutura do servizo de auga, valorada en preto de 3 millóns de euros.

 

A obra está financiada ao 100% polo Plan Concellos 2022 da Deputación de Pontevedra