O Alcalde Luís Piña anuncia que o Concello xa dispón do proxecto para a renovación da área de lecer da Carballeira.

UNHA IMPORTANTE ACTUACIÓN QUE SE REALIZARÁ CANDO SE CONSIGA A FINANCIACIÓN NECESARIA.

A Carballeira do Cacharado é un lugar emblemático da Cañiza. A alcaldía de Luís Piña, dentro da súa política de mellora das instalación públicas, ten interese de dotala dunha mellor área de lecer que albergue espazos con xogos, deporte e esparexemento.

Para poder avanzar nos proxectos de futuro, o Alcalde solicitou  a redacción dun proxecto  para a renovación da área de lecer da Carballeira, adxudicada a empresa GEOURBAN INGENIERIA AMBIENTAL Y URBANISMO S.L.

Dispor do proxecto é de vital importancia para optar á financiación necesaria no momento no que se presente a oportunidade de obter subvencións doutra administración, seguindo a política de seriedade e rigor financeiro do actual goberno.

Video file

 

Un proxecto de 153.944,36€ para crear un espazo lúdico, único e senlleiro, pensado para a integración d@s nen@s con mobilidade reducida.

Dos 153.944,36 € do orzamento deste proxecto, 106.913,23 € corresponden ao orzamento de execución material, 13.898,72 € corresponden ao 13 % de gastos xerais, 6.414,79 € ao 6% do beneficio industrial e 26.717,62 € corresponden ao IVE.

O espazo lúdico creado será diferente aos existentes no Concello da Cañiza e con  capacidades distintas ás actuais.

A renovación da area de lecer da Carballeira do Cacharado, consiste na construción dunha área de xogos de deseño na zona de parque infantil e biosaludables existente, que permita crear tanto zonas dinámicas como de sosego

Garantirase a accesibilidade universal, e disporase de elementos de xogo inclusivos para permitir o desfrute de todos os nen@s. O parque estará dotado cunha varanda para mellorar a seguridade dos mais pequenos, dada a proximidade de tráfico rodado e a normativa vixente. No actual parque infantil acoutado, disporase unha cancha de baloncesto que respetará a configuración actual, coa instalación de dúas canastras e peche perimetral deportivo.

 

Unha zona de xogos para diferentes idades cun novo tipo de pavimentación

O pavimento do parque infantil, executarase mediante a instalación de pavimento de seguridade acabado en maia tridimensional de EPP, válido para alturas libres de caída ata 300 cms. Sistema instalado sobre solo natural estabilizado previamente cunha capa de 100 mm de grava angular e preparación previo do terreo. Con sistema de absorción de impactos formada por base de lousas de polipropileno EPP de grosor variable segundo HIC, geotextil de alto gramaxe e capa de acabado superficial en maia tridimensional en polipropileno (EPP) .

Actuarase sobre unha superficie total de 205 m2.

O parque infantil será accesible e con elementos inclusivos, coa integración de xogos habituais con xogos accesibles e adaptados para garantir o xogo para todos os nenos e nenas. As cores dos elementos de xogo, pavimento e valado estarán integrados na paisaxe da contorna.

A zona de xogos para os mais pequenos permite aos nenos e nenas xogos de tacto e vista ademáis do xogo individual e colectivo. Promoven a socialización, o xogo creativo, así como o xogo físico, coa creación dun areeiro con pasos en robinia e un xogo para a manipulación de area.

Tamén se integrarán xogos co relevo do pavimento, de deseño e cores acordes coa paisaxe. Formaranse relevos para que os máis pequenos poidan rodar e trepar, con retos de equilibrio.

Poténciase o xogo más activo con randeeiras de uso colectivo, como un “nido” e individuais, ademais dun carrusel adaptado.

A zona de xogos central estará configurada por un xogo múltiple con dúas torres, que integre tobogáns con elementos de escalada e elementos de deslizamento e paneis. Poténcianse as habilidades de equilibro e alcanzar retos, polo que se incorporan elementos mais complexos que os xogos tradicionais, os cales invitan á aventura, a desenrolar a imaxinación, potenciando o xogo colectivo.

 

Unha nova zona deportiva

A zona deportiva crearase sobre o parque infantil acoutado actualmente, nunha superficie de 117 m2. Para elo procederase á retirada dos elementos e pavimento de caucho, para poder reparar a soleira de formigón e proporcionar un acabado deportivo. Instalaranse dúas canastras a dúas alturas, para o uso a diferentes idades, así como valado deportivo parcialmente. As cores tanto do pavimento como do valado estarán integradas  na paisaxe da contorna.