O Alcalde e as Concelleiras de Goberno presentan o III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes (PIOM 2025-2029)

Na presentación desta mañá, Luis Piña declarou que o ano 2024 pechouse coa celebración dun Pleno Extraordinario, no que se aprobou por maioría do Grupo de Goberno (7 votos a favor) e a abstención da Oposición ( 3 votos), o III Plan de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes para os anos 2025-2029. Nesta mesma sesión do 20 de decembro aprobouse o informe de avaliación do II Plan que estivo activo nestes últimos cinco anos.

Un plan que en palabras do noso Alcalde Luis Piña “nace froito da implicación que o noso Concello ten coa igualdade e que pretende ser un documento marco de referencia para a entidade local en materia de políticas de igualdade e una ferramenta para identificar, paliar e corrixir situacións de desigualdade, dentro das competencias municipais”.

 “A aprobación deste III Plan dalle continuidade a estas accións”.

O novo plan busca integrar a perspectiva de igualdade de oportunidades en todas as políticas e accións municipais. Durante os próximos cinco anos, preténdese desenvolver un conxunto de medidas concretas e efectivas que respondan ás necesidades específicas de mulleres e homes no municipio, coa finalidade de avanzar cara a unha igualdade real e efectiva.

Para a súa elaboración, ofreceuse á veciñanza a sua participación a través dun cuestionario na páxina web municipal.  Ademáis tomouse como base a avaliación do II PIOM e os obxectivos pendentes de acadar así como actuacións que son susceptibles de mellora ou de dar continuidade neste  terceiro documento. Todos os departamentos municipais aportaron información de diagnose e tamén se tomou como referencia o propio proceso de avaliación da empresa contratada para a elaboración do Plan.

O III PIOM estructúrase en 5 áreas de actuación sobre as que se vertebran todas as accións municipais para os vindeiros anos en materia de igualdade:

  1. Transversalidade de xénero.
  2.  Prevención e atención integral da violencia de xénero
  3.  Coeducación, cultura e deporte.
  4.  Conciliación, corresponsabilidade e mercado laboral.
  5. Participación e benestar social.

Para a elaboración deste III Plan o Concello  contou coa financiación da Deputación de Pontevedra cunha subvención de 4.984,00€, ao abeiro da convocatoria dirixida  aos concellos de menos de 20.000 habitantes para a promoción da igualdade de oportunidades e prevención da violencia de xénero para o ano 2024 (BOPP número 36, do 20 de febreiro de 2024).

A avaliación do II PIOM e elaboración do III Plan para os anos 2025/2029 tivo un investimento para o Concello de 3.146,00€, resultando adxudicataria da prestación deste Servizo a empresa ANDAMIAXE INNOVA S.L.

Os 1.838,00€ non investidos neste proxecto, seran devoltos á Deputación Provincial a través do correspondente procedemento de reintegro.

 

Enlaces aos documentos de Avaliación do II PIOM e ao novo Plan de Igualdade PIOM 2025-2029

Esquema das 5 áreas sobre as que se vertebra o III PIOM

 

 

Logo Diputación de Pontevedra