Nova exposición de pintura. Nesta ocasión da man d@s alumn@s da Mestra LAURA ESTÉVEZ

Unha exposición formada por 10 pinturas d@s nen@s que permanecerá aberta ata o venres 12 de agosto no 2º andar da Casa Consistorial, en horario de 8h a 15h.

O Alcalde visitou esta nova mostra e por suposto felicitou aos nen@s e a Laura polo traballo desenvolvido durante este curso, animándoos a continuar creando e disfrutando coa pintura.

Novamente agradeceu a disposición dos integrantes deste Aula de Pintura, por expor as súas obras nas instalacións municipais.

Exposición de pintura d@s alumn@s de Laura Estevez do 8 ao 12 de agosto na Casa Consistorial da Cañiza