En marcha as obras de conexión do saneamento do Parque Uceira co saneamento xeral do Concello

Con esta conexión solucionamos definitivamente as filtracións de augas sucias ao regato do Regueiro.

Un problema medioambiental latente dende hai máis de 26 anos.

O Alcalde Luis Piña visita estas obras de conexión que comezaron o pasado 9 de agosto cun investimento de 9.174,86 € dos que 7.480,86€ corresponden á execución material da obra, 968,00€ a honorarios de redacción do proxecto e 726,00€ a honorarios para a dirección de obra e coordinación de Seguridade e Saúde.

A obra foi adxudicada á empresa NAROM S.L. e conta cunha subvención da Consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia para habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de 7.339,89 €, o que representa o 80% do total da obra. O 20% restante, un total de  1.834,7€, serán asumido con fondos propios do Concello.

A actuación conta coa autorización sectorial favorable do Ministerio de Transporte, Mobilidade e Axenda Urbana do Goberno de España, ao atoparse a actuación en zona de afección da estrada N-120 Logroño – Vigo.

Segundo comunicou o Alcalde o obxecto desta obra é a de mellorar a rede de saneamento do Concello e neste caso do Parque Uceira xa que na actualidade non estaba conectado co saneamento xeral polo que existían problemas de filtracións de augas residuais á rede de augas pluviais na zona do regato do Regueiro.

“Unha pequena obra de escasos 60m de lonxitude que serán canalizados con tubería de PVC de 315 mm de diámetro que desembocarán no colector xeral de saneamento do Concello”, comentou Luis Piña.

O Alcalde tamén quixo agradecer a colaboración do veciño Angel Gómez Fernández, titular da parcela na que se está desenvolvendo esta actuación pola súa disposición para facilitar que a obra sexa máis rápida, eficaz e menos costosa.