Dende o 8 de xullo o Concello ten operativa a brigada de prevención e defensa contra incendios forestais

  • A brigada, integrada por 5 profesionais, estárá activa ata o 7 de outubro.
  • Un xefe de brigada, un peón condutor e 3 peóns conforman esta unidade que traballará durante tres meses conxuntamente co dispositivo de emerxencias do distrito Forestal XVII Ponteareas.

 Así o anunciou o Alcalde Luis Piña, despois de manter unha reunión informativa con todos eles.

Os brigadistas desenvolverán fundamentalmente labores de prevención, executarán rozas, rareo e eliminarán restos en vías e camiños forestais, áreas cortalumes, faixas de xestión da biomasa do Concello ou en superficies sobre as cales o Concello ten cesión de aproveitamento, uso ou desfrute dacordo co artigo 21 ter da lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Tamén traballará en superficies de propietario descoñecido, previa acreditación de dita condición, sempre e cando non sexa posible a mecanización das actuacións.

Ademáis, cando concorran razóns extraordinarias de emerxencia, a Xunta de Galicia poderá decidir a mobilización destes medios fóra do noso termo municipal, conforme ao previsto no PLADIGA, Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.