
O Alcalde entregou esta mañá os 3º premios desta campaña de promoción do comercio de proximidade, que conta coa colaboración da Asociación de Comerciantes da Cañiza.
Ás 09.45h desta mañá, Luis Piña fixo entrega aos portadores dos números premiados de 5 boletos de 10 €uros cada un, canxeables nos establecementos da Cañiza adheridos á campaña.
Un total de 1.000,00€uros en vales de compra que se suman aos 2.000,00€ entregados os pasados 16 e 30 de decembro.
Todavía queda por celebrarse o 4º sorteo do 24 de xaneiro de 2025, polo que a campaña "A Confianza de Sempre, Agasállate neste Nadal", continúa activa durante todo o mes de xaneiro.
Non te esquezas de solicitar o teu boleto cando fagas as túas compras.
Noraboa a todos os premiados.
