Clausuramos o curso de «coidados para a demencia e o alzheimer»

Este martes, o Alcalde Luis Piña, clausurou e entregou os diplomas acreditativos, @s alumn@s que participaron nesta formación gratuita de 20 horas de duración, impartida durante os días 3, 7, 8, 10 e 14 de novembro no Aula CeMIT da Casa de Cultura.

Un curso que tiña por obxectivo axudar a comprender a enfermidade do alzheimer e outros tipos de demencias, así como coñecer as técnicas e terapias máis axeitadas para as persoas coidadoras.

Esta formación introducíu ao alumnado nos conceptos xerais da enfermidade, abordando as tres fases da mesma, a súa progresión e o tratamento. Tamén se estudiaron os coidados cotiáns como a organización do dormitorio, a roupa, baño e hixiene corporal e outro aspecto igualmente importante: o impacto que ten a enfermidade na unidade familiar.

O Alcalde felicitou ao profesorado e alumnado e agradeceu a asistencia a esta formación que forma parte da programación do Aula CeMIT da Casa de Cultura.