A Cañiza da a benvida ao NADAL este sábado, 3 de decembro, co acendido das luces e do árbol da PRAZA MAIOR

Cambiamos o Horario: Ás 20h e se o tempo acompaña, servirase tamén unha «chocolatada cañicense» para celebrar o inicio das festas navideñas.

Na tarde noite deste sábado 3 de decembro, o Concello acenderá as luces deste Nadal 2022. Igual que estes tres anos pasados, o encargado de iluminar as nosas rúas, espazos públicos e lugares do municipio será Iluminaciones Ximénez,  empresa adxudicataria do procedemento de contratación para este servizo. 

Despois do acendido do alumeado que terá lugar ás 8 da tarde e se o tempo o permite, o Concello servirá na Praza Maior unha «chocolatada cañicense» coa que se inaugurarán as festas navideñas.

As luces estarán encendidas ata despois de Reis.

Nos vindeiros días o Concello difundirá tamén a Programación de Nadal.

Este sábado, 3 de decembro inauguramos o Nadal na Cañiza co acendido das luces e do árbol da Praza Maior.