Este domingo 18 de agosto pechamos as celebracións da Feira do Xamón 2024 coa celebración da sardiñada popular e churrascada na Carballeira do Cacharado.
Pero a Feira do Xamón comezou xa o martes 13 de agosto co obradoiro de pan para os nenos e a fabricación do bocata de xamón xigante que conseguiu superar o récord de 2023, ao fornear unha barra de 20,38m.
Os actos da festa continuaron o 14 de agosto coa celebración do curso de corte de xamón e cata de viños e os torneos de fútbol “Festa do Xamón 2024”, nas categorías feminino e masculino, chegando ao día grande da Cañiza. O xoves 15 de agosto, data na que celebramos a xornada gastronómica do xamón e a IX edición do concurso de cortadores.
Unha edición cargada de moitas máis actividades para todos os gustos e todas as idades e sobre todo de moita música.
Aquí deixamos unha selección das mellores imaxes destas festas que volveu a reunir a miles de visitantes, amigos e veciños.
Un éxito que non sería posible sen o traballo e dedicación dos profesionais, empresarios e traballadores do Concello.
A todos, GRAZAS polo apoio incondicional e gran colaboración.