Convocatoria
Dende o Concello da Cañiza informamos a todos os comerciantes e hostaleiros da invitación da Deputación de Pontevedra a participar nas reunións da Rede MOVE, que conecta a comerciantes e hostaleiros coas e cos produtores locais
Nestes encontros poderase coñecer de primeira man a rede e as súas vantaxes, crear novas relacións comerciais e adherirse.
Pódese confirmar asistencia cubrindo o formulario de inscrición (indicando a reunión á que se asistirá): https://forms.gle/rCHg1vJ7oQ4C1V8t8
Se desexades asistir á reunión da Cañiza:
Luns 24 de novembro, ás 10:00h, no Salón de plenos: https://maps.app.goo.gl/aiWKr3JRgSk1A7Nw8
- Pódese confirmar directamente en: move@depo.gal
- e para calquera dúbida pódese contactar co Equipo de Move no número de teléfono 616 185 156


Horario
Luns, 24 de novembro de 2025, ás 10h no Salón de Plenos do Concello