Do 4 ao 6 de xullo, o Parque Central da Cañiza acollerá a segunda edición de A Pachanga na Rúa, un torneo de fútbol popular organizado pola Comisión de Festas de Oroso, pensado para reunir a persoas de todas as idades nun ambiente deportivo, familiar e festivo.
Programa de actividades:
Venres 4 de xullo – Minipachangueiros (a partir das 18:00 h)
Categoría A: 7 a 10 anos
Categoría B: 11 a 13 anos
Premios para os tres primeiros postos:
- Entradas para o RC Celta, DiverJump e piscina municipal, ademais de trofeos.
- Agasallo para todos os participantes.
Sábado 5 de xullo – Fase de grupos (desde as 10:00 h)
Pola noite: festa con DJ Chuspy!
Domingo 6 de xullo – Eliminatorias e Finais
Oitavos – Cuartos – Semifinal – Final
Premios categoría absoluta (idades: de 14 a 99 anos):
- 1º premio: 300 € + trofeo
- 2º premio: 150 € + trofeo
- 3º premio: 50 € + trofeo
- Premio á equipación máis divertida: 50 €
Datos clave:
- Equipos: mínimo 4 persoas (sen límite máximo)
- Partidos de 15 minutos
-
Inscrición: 5 € por persoa
Inscrición e pago por Bizum: 691 89 62 18. Tamén no Centro de Estética IG (Rúa Oriente 24, A Cañiza)
Prazas limitadas!
Consulta as bases escaneando o código QR do cartel ou en @apachanganarua en Instagram e Facebook.
Os días 4, 5 e 6 de xullo de 2025, nas instalacións do parque central da Cañiza