TEATRO. Representación da obra «As Palabras Perdidas», a cargo da compañía INVENTI TEATRO

Data
to
Location
No Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza en colaboración coa Deputación de Pontevedra
Teatro

A Condesa Colorada e o seu axudante Leocadiof son viaxeiros chegados dende moi lonxe. A Condesa, unha coñecida contadora con fama internacional, disponse a narrar o seu relato preferido pero, ao abrir o libro, cae na conta de que o seu conto está cheo de buracos. Faltan palabras moi importantes. palabras como “ganapán”, “vagalume” ou “verme”.

As palabras fuxiron da historia,  borradas por falta de uso. Só utilizándoas de novo volverán ao conto. 

“As palabras perdidas” é un espectáculo de teatro versátil que se adapta a un espazo interior ou exterior.

Unha proposta que anima a falar galego dun xeito divertido, dinámico e moderno e que pon en valor o idioma, os ditos e as historias de Galicia.

As familias asistentes aprenderán a nomear en galego conceptos sinxelos como os números, as cores e os hábitos cotiás. Con todo, tamén coñecerán palabras que se atopan máis agochadas.

COMPAÑÍA INVENTI TEATRO

Dirección e dramaturxia Bea Campos
Elenco Bea Campos e Marcos Alonso
Asesor lingüístico Carlos Yus
Vestiario Ali Otero
Espazo sonoro María Alonso Costas
Produción Bea Alonso
Escenografía e deseño gráfico J.M. Sagüillo
Axudante de dirección Fernanda Barrio

Horario

o 21 de maio de 2023, a partires das 12.30h da mañá