TEATRO. Representación da obra «MORGANA EN ESMELLE»

Data
to
Location
Auditorio de la Casa de Cultura de A Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza. Programación do Verán de Lecer 2022
Teatro

Obra a cargo da compañía SARABELA TEATRO

Evento de Verán de lecer A Cañiza

 

Representacion da obra de teatro Morgana en Esmelle o día 27 de agosto ás 21.30h no Auditorio da Casa de Cultura

 

Morgana en Esmelle é a adaptación da magnífica novela de Begoña Caamaño que recibiu o aplauso de lectores e crítica (Premio Ánxel Casal, Premio Losada Diéguez, Premio ALG, Premio Nacional da Crítica).

Unha obra que reescribe o mito cunha ollada contemporánea. Unha ollada diferente sobre o mundo artúrico e a Terra de Miranda.

Son as cúlpas sentimentos que nos acompañan toda a vida? Temos seica dereito a esquecer os danos causados polas nosas decisións?

Con preguntas semellantes, a chegada de Morgana rompe a aparente serenidade coa que Merlín vive no bosque de Esmelle.

Morgana, a medio irmá e amante de Artur entra na casa de Miranda en procura de respostas á súa infelicidade. Coa súa dor e cos recordos de Merlín vaise tecendo o fío da memoria ata descubrir as razóns últimas da ruína de Avalon e da caída de Camelot.

Autora: Adaptación da novela de Begoña Caamaño

Dirección: *Ánxeles Cuña

Repartición: Quico Cadaval, Fina Quella, Fernando Dacosta, Laura Míguez, Sabela Gago e Elena Seijo.

Adaptación: *Ánxeles Cuña Bóveda

Horario

O sábado 27 de agosto, ás 21.30h. Duración: 2 h 15 min

Representacion da obra de teatro Morgana en Esmelle o día 27 de agosto ás 21.30h no Auditorio da Casa de Cultura