Teatro: "O xardín de Vila Gris", a cargo da compañía «Fulano, Mengano e Citano»

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza. +Escénicas + Teatro da Deputación de Pontevedra
Teatro

Un espectáculo de teatro infantil e familiar que combina actores e monicreques, con animacion de obxectos, maxia e cancións ao vivo.

E todo en clave de humor. 

Ao longo da peza  nenos e nenas van descubrindo, da man do noso simpático personaxe Martín,  a maxia da natureza e o amor por ela.

E como “non hai historia sen vilán”, o perverso D. Nefasto Funesto encarnará a cobiza e a a falta de empatía co mundo que nos rodea. 

A obra está interpretada, por Manuel Pombal, que ademais do seu coñecido traballo no teatro para adultos ten unha ampla vagaxe no teatro infantil (Artello Teatro, Teatro alla Scala, Educateatro, TBO Teatro, CDG, ...) Na televisión, director do programa infantil "O Campo de Atrás" da TVG, e na dobraxe, recoñecido polas súas interpretacións de debuxos animados en producións como As bolas do dragón, Doraemon, O gato Isidoro, Bugs Bunny, etc

Entrada Gratuíta!

Horario

O sábado 9 de novembro de 2024, a partires das 20.30h no Auditorio da Casa de Cultura