TEATRO. «O MEL NON CADUCA»

Data
to
Location
Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza. Programación do Verán de Lecer 2022
Teatro

Representación da obra teatral "O mel non caduca" a cargo da compañía IBUPROFENO TEATRO

 

O mel non caduca é un espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.

Categoría: En cartel, Comedia, Contemporáneo
Duración: 80'
Autoría: Santiago Cortegoso
Dirección: Santiago Cortegoso
Premios: Mellor Actor no Festival de Teatro Galego Celso Parada, Candidato Mellor Actor XXIV Premios Max

 

Sinopse

Dous científicos/apicultores, en 2173, levan a cabo sofisticados e absurdos experimentos, nun contexto de futuro distópico no que o planeta está arrasado. Tratan de crear sinteticamente unha abella a partir do último tarro de mel que se conserva na historia. Constrúen unha árbore no seu laboratorio para tratar de recuperar os ciclos naturais, que se perderon hai tempo.

Dous irmáns volven á casa familiar na aldea pola morte da súa nai. O conflito aflora cando deben xestionar as pertenzas familiares. O irmán máis vello opta por vendelo todo. A rapaza, máis nova, entra nunha crise vital porque se debate entre a súa acomodada vida nunha cidade afastada e a nostalxia que lle produce volver entrar en contacto cos obxectos e os recordos que marcan a súa historia vital.

Horario

Sábado 20 de agosto de 2022, ás 21.30h