O Concello da Cañiza continúa coa súa programación de outono co espectáculo: Chola a it girl, da Compañía de teatro Artesa Cía.
SINOPSE
CHOLA A IT GIRL é unha homenaxe á "Muller Global", mulleres que pensan localmente para actuar de maneira global. Mulleres do rural, que forman parte desa estirpe de muller decisiva, que están un paso por diante da sociedade rural na que viven, polo seu inconformismo, talento, forza, rebeldía e resistencia; pero tamén pola súa procura incansable de posibilidades para cultivarse e aprender, pola súa teima e constancia por fuxir do que se supón que debería facer unha muller no rural.
No espectáculo, axudarase de vídeos exclusivos, proxectados con técnica de videomapping, desafíos en vivo, consellos automobilísticos e dunha gran dose de humor. O aspecto diferenciador deste espectáculo é o seu formato, non é unha obra escénica, non é un programa televisivo, tampouco un monólogo cómico.
É un armazón de empoderamento feminino onde o SHOW, o VÍDEO, a ACCIÓN , a MÚSICA e o TEXTO precíntanse cunha enerxía irresistible facendo que os 70 minutos que dure a peza estean cheos de diversión, reflexión e empatía.
Entrada Gratuíta!
O sábado, 23 de novembro de 2024, ás 20:30h, no Auditorio da Casa de Cultura da Cañiza