Ruta Nocturna en Bici “Camiño das Estrelas” – 18 de Xullo

Data
to
Location
Rúas do Núcleo Urbán da Cañiza
Organiser
Concello da Cañiza. Verán de Lecer 2025
Actividades

O Concello da Cañiza ten o pracer de convidar á veciñanza a participar na Ruta Nocturna en Bici “Camiño das Estrelas”, que terá lugar o xoves 18 de xullo ás 23:00 horas, como parte da programación do Verán de Lecer 2025.

Trátase dunha actividade pensada para todos os públicos, que combina deporte, lecer e natureza nun percorrido nocturno en bicicleta. A ruta discorrerá por un itinerario accesible e seguro, ofrecendo unha experiencia diferente para desfrutar das noites de verán en compañía.

A actividade busca fomentar o uso da bicicleta como medio de transporte sostible e promover hábitos saudables.

Recomendacións para os participantes:

  • Levar bicicleta en bo estado e luces dianteira e traseira.
  • Uso obrigatorio do casco.
  • Traer roupa e calzado cómodos e visibles.
  • É recomendable algún elemento reflectante.

A participación é libre e non require inscrición previa.

Convidamos a todas as persoas, familias e grupos de amigos/as a sumarse a esta iniciativa e vivir unha noite diferente sobre dúas rodas.

Horario

Venres, 18 de xullo de 2025, a partires das 23H, con saída diante da Casa Consistorial