Reunión para coordinar o inicio do programa GALEGAS DIXITAIS

Data
to
Location
Aula CeMIT da Casa de Cultura da Cañiza
Organiser
Financiado polo Ministerio de Traballo e promovido pola Xunta de Galicia
Formación
  • Cursos gratuitos de formación en capacitación dixital para mulleres desempregadas que vivan no rural.
  • Ademáis do título oficial, as participantes conseguirán un ordenador portátil CHROMEBOOK de balde, para poñer en práctica todo o aprendido.
  • Os cursos están financiados pola Unión Europea a través do Ministerio de Traballo e promovidos pola Xunta de Galicia a través da Oficina Emprego Galicia.

«Galegas Dixitais» é un programa gratuíto para a dixitalización de mulleres

Preferentemente desempregadas ou que estén en situación de demanda de mellora de emprego, residentes en zonas rurais.

O Curso desenvolverase durante os meses de novembro e decembro e estará dividido en 3 formacións de 45h cada unha, impartidas pola UTE Ara Negocios Sl – Beproject Consultoría De Forma:

  • Competencias dixitais básicas: coñecementos dixitais para o día a día
  • Competencias dixitais avanzadas. Orientado ao traballo
  • Iniciación en competencias dixitais básicas para o emprendemento: para o negocio

 

Se estades interesadas, aquí deixamos o enlace para ampliar información e solicitar a inscrición (cara ao final da páxina): https://www.galegasdixitais.es/ ou a través do Whassap 604 039 575

Os obxectivos que se pretenden acadar coa impartición destas formacións pasan pola mellora das capacidades dixitais de mulleres residentes en zonas rurais, o incremento do seu nivel de empregabilidade, o impulso do emprendemento e o desenvolvemento rural e por último a reducción da fenda de xénero.

Horario

INICIO DO CURSO:  2/11/2023 ata o 15/12/2023 

HORARIO: de 9:00h a 14:00H.

LUGAR DE IMPARTICIÓN DAS CLASES: no Aula CeMIT da Casa de Cultura