O Concello da Cañiza abre as portas do seu Parque de Nadal 2025, unha proposta chea de diversión para gozar en familia durante as vacacións.
Os días 26, 27 e 28 de decembro, a Praza Maior converterase nun espazo de lecer con múltiples actividades para os máis pequenos:
- Baqueta
- Camas elásticas
- Xogos de inxenio
Horarios: 11:30 – 14:00 h e 16:00 – 19:30 h
Ademais, o día 27 de decembro, de 16:00 a 19:30 h, haberá unha divertida sesión de pintacaras para completar unha xornada chea de maxia e entretemento.
Como incentivo ao comercio local, coa compra nun establecemento da vila, as entradas teñen un prezo especial de 1 €.
Un encontro perfecto para vivir o espírito do Nadal entre atraccións, música e ilusión.
Agardamos a vosa visita na Praza Maior para desfrutar dun Nadal cheo de diversión!
Os días 26, 27 e 28 de decembro.
Horarios: 11:30 – 14:00 h e 16:00 – 19:30 h